Leinster Rugby

Leinster Rugby
NomeLeinster Rugby
UniónIRFU
Fundación1879; hai 145 anos
Sede Dublín, Irlanda
Estadio(s)RDS Arena (18.500 espect.)
Aviva Stadium (51.700 espect.)
PresidenteMick Dawson
AdestradorLeo Cullen
CapitánJonathan Sexton
CapsGordon D'Arcy (257)
AnotadorJonathan Sexton (1.438)
EnsaiosShane Horgan (69)
Liga(s)Pro14
2018−19Campións. 1º (conferencia B)
Casa
Fóra
Na rede
http://www.leinsterrugby.ie/
Instagram: leinsterrugby Editar o valor em Wikidata

O Leinster Rugby (en irlandés: Rugbaí Laighean) é un dos catro equipo profesionais provinciais de rugby da Illa de Irlanda. O club compite no Pro14 e na Copa de Campións Europea de Rugby, e é o equipo irlandés máis laureado tanto a nivel local como a nivel europeo, onde é o equipo con máis Champions Cup gañadas xunto co Toulouse. O equipo representa a Leinster na Irish Rugby Football Union (IRFU), sendo así o responsable do rugby na provincia.

O Leinster ten a súa en Dublín, capital da República de Irlanda, e disputra os seus encontros como local no RDS Arena, estadio con capacidade para 18.500 espectadores. Cando a capacidade do estadio non é suficiente, o equipo xoga algúns encontros no Aviva Stadium, recinto con capacidade para 51.700 seareiros.[1] Antes de trasladarse ao RDS en 2005, o estadio local do Leinster era o Donnybrook Stadium. A cor principal do club é o azul, sendo o símbolo do equipo a arpa de Leinster, a cal figura na bandeira provincial. O Leinster converteuse en equipo profesional en 1995 á vez que o resto de equipo provinciais irlandeses: Connacht, Munster e Ulster. O equipo compiten no Pro14, antes coñecido como Celtic League e Pro12, desde a súa creación no ano 2001. Anteriormente competía no Campionato Interprovincial da IRFU.

  1. "Leinster to play two matches at Aviva". The Irish Times. 8 de agosto de 2010. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2012. Consultado o 18 de agosto de 2010. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search